Noticias
© Asociación ASPAS | 22/03/2017 | Charla prevención abusos 1
A Fundación Carmen Pardo-Valcarce imparte unha charla en ASPAS sobre prevención de abusos
29 usuarios do centro ocupacional de San Marcos recibiron esta formación conducida pola psicóloga Patricia Sanjorge.
22/03/2017 | Santiago de Compostela
A Fundación Carmen Pardo-Valcarce impartiu este mércores unha charla en ASPAS sobre prevención de abusos, orientada a que as persoas con discapacidade intelectual saiban identificar estas situacións en caso de que se produzan e poidan dispoñer das ferramentas axeitadas para facerlles fronte. A psicóloga da Unidade de Atención a Vítimas con Discapacidade Intelectual (UAVDI) desta entidade, Patricia Sanjorge, foi a encargada de impartir esta formación a 29 usuarios do centro ocupacional de San Marcos divididos en dous grupos.
A actividade comezou fixando algúns conceptos, como o termo 'vítima', e explicando as diferentes situacións nas que unha persoa pode ser vítima de abusos: bullying, agresións, roubos, etc. A psicóloga tamén proxectou diferentes imaxes orientadas a reforzar a idea de que é cada persoa a que decide sobre si mesma e a maneira de saber expresarse para negarse a situacións non desexadas.
A continuación, Patricia Sanjorge aclarou cales son os principais tipos de abuso, ilustrados a través de diferentes historias: físico, psicolóxico e sexual. Ademais, tamén deu unha serie de pautas a seguir en caso de sufrir abuso: negarse, pedir axuda, falar con familiares ou prfesionais, denunciar á policía, etc. Na páxina web www.nomasabuso.com, dependente da Fundación Carmen Pardo-Valcarce, poden atoparse todo tipo de recursos para facer fronte a estes casos.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social







