23/06/2017 | Santiago de Compostela
Usuarios, familias, profesionais e voluntarios celebraron a chegada do verán coa típica comida desta data, música, baile e moita diversión.
1 de 11
© Asociación ASPAS
A Asociación ASPAS celebrou este venres a súa festa de San Xoán nunha xornada chea de diversión. Usuarios, familias, profesionais e voluntarios gozaron desta xornada coa comida típica e a música e o baile, que nunca poden faltar nas festas de ASPAS.
A celebración comezou á hora de comer, degustando un estupendo menú con sardiñas, churrasco de porco e xelado. A continuación a festa trasladouse ao salón, onde toda a familia de ASPAS gozou da música e do baile.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado
PROMUEVEN: