Cookies


Noticias 

© Asiociación ASPAS | 23/12/2016 | Papá Noel 1

ASPAS celebra a súa festa de Nadal nunha xornada chea de agasallos e sorpresas

Usuarios, profesionais, directivos e voluntarios despediron o ano 2016 coa tradicional comida de Nadal, música, baile e as visitas de Papá Noel e os Reis Magos, que viñeron cargados de agasallos.

23/12/2016 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS celebrou este venres a súa festa de Nadal nunha xornada chea de agasallos e moitas sorpresas. Usuarios, profesionais, directivos e voluntarios xuntáronse para despedir o ano e transmitirse mutuamente os seus mellores desexos para o 2017.

As emocións comezaron a mediodía coa visita de Papá Noel, que deixou a nosa árbore cargada de regalos e moitos aproveitaron para facer fotos con el. A continuación despedímonos de Xurxo, o noso compañeiro de Ocio e Deportes, a quen os usuarios quixeron facerlle unha homenaxe para agradecerlle o seu traballo e amizade no tempo que estivo en ASPAS. El tamén nos agradeceu a gran acollida que tivo aquí cunha orla para eles que xa loce na parede do salón de actos.

A celebración continuou coa comida de Nadal, un estupendo menú de vieiras, cabrito e os doces típicos desta época. Ao rematar trasladouse a festa ao salón onde toda a familia de ASPAS gozou da música e do baile. Nese momento chegou outra das grandes sorpresas, xa que os Reis Magos adiantáronse á súa data habitual para vir a ASPAS a facerlle entrega aos usuarios das gratificacións que reciben cada mes polo seu traballo.

ASPAS agradece a todos os usuarios, profesionais, directivos, familiares e voluntarios a súa compañía neste día tan sinalado. Desexámosvos a todos un Bo Nadal e un próspero 2017, que para nós será moi especial, xa que cumprimos o noso 50 aniversario. Esperamos celebralo todas e todos xuntos.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org