Noticias
A Asociación Aspas participa no desfile de entroido 2020 en Santiago
Co tema do Musical "Peter Voamos" Aspas gaña o 3º Premio de Carrozas
26/02/2020
A Asociación Aspas preséntase ao concurso de Entroido en Santiago de Compostela cunha carroza dun barco pirata do Capitán Garfio e a comparsa acompañante, composta de Peter Pan, Campanilla, a doce Wendy, os nenos perdidos, os temibles piratas e como non o inseparable amigo do Capitán, Smith....todos eles formaban un equipo de 55 persoas.
Ás 17,30 h da tarde a carroza e comparsa saen da avenida de Ferrol desfilando polas rúas da cidade ao son da música, o baile e a diversión non faltaron en ningún momento.
Ás 21,00 h asístese á entrega de premios que se celebrou na Sala Capitol; Aspas recibe o 3º premio ás mellores carrozas.
Un día despois do desfile e agredecidos polo premio xa se está pensando cal será a temática do ano 2021...
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Dinamización e visualización






