Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 30/01/2017 | Recollida do agasallo de ASPAS

Membros de ASPAS recollen os agasallos do 21º Certame de Tarxetas de Nadal de Special Olympics Galicia

Un numeroso grupo de usuarios do Centro Ocupacional de San Marcos e do Centro Residencial de Laraño asistiron á gala de entrega destes agasallos no Auditorio de Galicia.

30/01/2017 | Santiago de Compostela

Membros de ASPAS recolleron este luns os agasallos do 21º Certame de Tarxetas de Nadal de Special Olympics Galicia. A este evento, celebrado no Auditorio de Galicia, asistiu un numeroso grupo de usuarios do Centro Ocupacional de San Marcos e do Centro Residencial de Laraño, acompañados por monitores e coidadores. Na presente edición ASPAS recolleu un agasallo pola participación no certame e as persoas da asociación asistentes non quixeron perder a ocasión de saudar a compañeiros doutras entidades e felicitar aos premiados nas diferentes categorías.

O acto contou coa presenza do Conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela, a Directora Xeral de Maiores e persoas con discapacidade, Fabiola García Martínez, e a Concelleira de Deportes do Concello de Santiago, Noa Morais, ademais de membros da directiva de Special Olympics Galicia e Fademga Plena Inclusión Galicia. Eles foron os encargados de repartir os agasallos e nos seus discursos coincidiron en sinalar a gran creatividade e talento amosados no certame e en agradecer a alta participación, así como a implicación de familias, profesionais, voluntarios e entidades para facer posible este certame.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org