Cookies


Noticias 

© @AsociaciónASPAS | 25/06/2021 |

Esta mañá, o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade fai entrega das chaves dun novo vehículo adaptado adquirido con cargo á orde do 0,7% do IRPF.

24/06/2023

Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, fai entrega das chaves do novo vehículo adaptado para persoas con mobilidade reducida adquirido a cargo da orde do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

Este vehículo permitirá que as persoas usuarias do centro de día poidan participar en actividades desenvolvidas na comunidade, tales como ir de compras, pasear pola cidade, ir ao cinema, a unha exposición, museo…. actividades que fomentan a autonomía e inclusión social do colectivo.

Ademais do acto de entrega de chaves, o director Xeral, Fernando González, quixo visitar os centros da entidade, sitos en San Marcos, interesándose polas tarefas e traballos levados a cabo polas persoas con discapacidade intelectual. Así mesmo, visitou as obras de construción do novo centro de día residencial que se están levando a cabo na leira de San Marcos da entidade, manifestando a súa colaboración e apoio para executar o novo proxecto.

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org