Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 04/06/2018 | curso de educación afectivo-sexual Quiere-te 1

Os usuarios de ASPAS asisten ao curso de educación afectivo-sexual Quiere-te

Os obxectivos desta actividade son que as persoas con discapacidade intelectual sexan capaces de coñecer e xestionar de maneira autónoma os seus sentimentos e os seus corpos para unha vivencia saudable da sexualidade e facer fronte a posibles situacións de risco. A formación realizase en varias sesións con tres grupos diferentes.

04/06/2018 | Santiago de Compostela

Os usuarios de ASPAS asisten durante o mes de xuño ao curso de educación afectivo-sexual Quiere-te, no que se lles proporciona a información axeitada para facer fronte a todas as situacións relacionadas con estes campos. 
 
Deste xeito, os obxectivos da actividade son que as persoas con discapacidade intelectual sexan capaces de coñecer e xestionar de maneira autónoma os seus sentimentos; aprender a coñecer os seus corpos para unha vivencia saudable da sexualidade; aumentar as habilidades de relación, autoeficacia e asertividade dos participantes para a realización dun sexo máis seguro; saber dicir que non; proporcionar información axeitada sobre sexualidade e relacións para evitar os riscos que supoñen os mitos e tabús; modificar actitudes e favorecer medidas de prevención;e aprender a recoñecer as situacións de risco do comportamento sexual.
 
A formación realizase en varias sesións con tres grupos diferentes con dúas monitoras expertas na materia. Utilízanse técnicas de grupo, xa que son as máis eficaces para facilitar cambios de conduta axeitados, ademais de facilitar a interacción para incidir sobre os coñecementos e condutas de cada grupo ao que vai dirixida a formación. Así, os usuarios participan en treboadas de ideas, traballo en pequenos grupos, discusións dirixidas, modelaxes ou xogos de roles.
 
En ASPAS consideramos que unha integración e normalización axeitada do colectivo de persoas con discapacidade intelectual debe incluír a sexualidade como elemento prioritario de atención. A transcendencia que comporta a sexualidade fai que se teñan que tomar decisións sobre este aspecto. Para facilitalo, precisan unha educación sexual e afectiva que lles axude a ter autonomía para protexerse dos riscos asociados á actividade sexual. O contrario supón incrementar estes riscos, xa que a ignorancia failles ser moito máis vulnerables.
 

 

 

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org