Noticias
ASPAS renova parte do seu equipamento grazas á colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade
14/12/2025
A Asociación ASPAS levou a cabo durante o ano 2025 un proxecto de renovación e mellora do equipamento das súas instalacións, grazas á colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
No marco deste proxecto renovouse e adquiriuse o seguinte equipamento:
-
Sistemas de almacenamento de enerxía fotovoltaica para autoconsumo nos centros.
-
Carros de limpeza profesionais para a mellora dos procedementos de hixiene.
-
Plataforma elevadora e escaleiras homologadas para tarefas de mantemento en altura.
-
Furgón con remolque destinado ao obradoiro de xardiñería do Centro Ocupacional.
Este investimento permitiu mellorar os recursos materiais dos distintos centros da entidade, reforzando a calidade, seguridade e eficiencia dos servizos de atención a persoas con discapacidade intelectual.
A renovación do equipamento tivo un impacto directo na atención diaria que ASPAS presta a 96 persoas usuarias, contribuíndo a crear contornas máis seguras, sostibles e adaptadas ás súas necesidades, ao tempo que mellora as condicións de traballo do persoal profesional.
Desde ASPAS queremos agradecer o apoio institucional recibido, que fai posible seguir avanzando na mellora continua dos nosos servizos e no compromiso coa inclusión e o benestar das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
Este proxecto está financiado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias






