Cookies


Noticias 

ASPAS súmase a “Rentaterapia”, a campaña das entidades sociais para marcar o X Solidario na declaración da renda

As entidades do terceiro sector galego animan a marcar este recadro para contribuir á organización de programas e proxectos para as persoas en risco de excusión social.

11/04/2017

ASPAS súmase a “Rentaterapia”, a campaña das entidades sociais para recalcar a importancia de que os contribuíntes marquen nas súas declaracións da renda o cadro 106, coñecido como X Solidario, para destinar a fins sociais un 0,7% dos impostos que lles corresponde pagar.

As entidades do terceiro sector galego, representadas por EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, presentaron a semana pasada a iniciativa facendo fincapé na relevancia que ten esta acción para que se poidan desenvolver programas e proxectos para as persoas en risco de excusión social. Do mesmo xeito, indicaron que marcar este recadro non significa que se paguen máis impostos nin que a devolución sexa menor. Dos impostos que toca pagar, o Estado permite que a persoa contribuínte decida a quen lle quere destinar un 0,7% dos mesmos.

Os datos ofrecidos polas entidades sociais galegas sinalan que no 2016 un 55% das persoas contribuíntes marcou este recadro, sendo en cifras totais máis que en 2015, pero aínda así a recadación foi menor. Mentres tanto, un 33% non marca ningunha das casiñas.

Dende ASPAS animamos a todas as persoas a marcar o X solidario para colaborar no desenvolvemento de programas destinados a discapacidade, inclusión social, mulleres, infancia ou cooperación, entre outros.

Máis información en: http://xsolidaria.org

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org