Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 13/02/2017 | Momento da entrega dos fondos recadados a ASPAS

ASPAS destinará ao programa de respiro familiar os fondos recollidos na campaña 'Comparte a túa ilusión'

Estudantes voluntarios da Facultade de Económicas da USC desenvolveron a iniciativa durante o Nadal e fixeron entrega da recadación a ASPAS recentemente.

13/02/2017 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS destinará a recadación conseguida na campaña solidaria 'Comparte a túa ilusión' ao programa de respiro familiar, un servizo de estancia temporal que cubre as demandas de descanso, estrés ou urxencias puntuais no entorno familiar das persoas con discapacidade intelectual. Esta iniciativa foi levada a cabo por estudantes voluntarios da Facultade de Económicas da USC, que fixeron entrega da recadación a ASPAS recentemente acompañados pola decana do centro, Emilia Vázquez Rozas.

A campaña levouse a cabo coa instalación dunha árbore de Nadal solidaria no recibidor da Facultade, animando a colaborar na súa decoración coa compra de bólas que se vendían nun posto situado ao lado da árbore. Con cada un dos adornos, entregouse unha tarxeta na que se podía deixar unha mensaxe para colgar na árbore e unha pulseira co lema da iniciativa. Nela participaron a propia decana de conómicas ou o reitor da USC, Juan Viaño, entre outros.

ASPAS agradece especialmente o traballo dos estudantes Iván e Mónica para realizar esta campaña, que foi deseñada integramente por eles.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Respiro/Emerxencia Familiar

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org