Cookies


Axenda de actividades

CAMIÑO DE SANTIAGO 2018: SANTIAGO-FISTERRA

21/04/2018 - 26/05/2018

5 ETAPAS DE CAMIÑADA E CONVIVENCIA                                                       

                                                         
Este ano, a asociación organiza o camiño de Santiago a Finisterre para persoas con discapacidade intelectual, familias, traballadores, voluntarios e todas aquelas persoas que desexen compartir o seu tempo connosco.

O camiño dividirase en 5 etapas:

ETAPAS

DÍAS

    SANTIAGO A NEGREIRA (21 KM)

Sábado 21 abril

    NEGREIRA A SANTA MARIÑA (21,5 KM)

Domingo 29 abril

   SANTA MARIÑA A ALDEA DE HOSPITAL (17 KM)

Sábado 5 mayo

    ALDEA DE HOSPITAL A CEE (20,7 KM)

Domingo 20 mayo

   CEE A FARO (9 KM)

Sábado 26 mayo

Esta actividade ten como obxectivo a convivencia de todas as persoas que formamos a gran familia Aspas, así como crear un vínculo de unión, compartir experiencias, visibilizar a discapacidade intelectual como persoas iguais en dereitos e deberes e fomentar a inclusión social.

Nesta actividade colaboran connosco a empresa Toldos Gómez  S. L. e o  Concello de Ames, a maiores dos nosos colaboradores habituais.

Moitas grazas por colaborar connosco!

                

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org