Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 06/09/2019 | Logotipo camino 2019

Camiñando Xuntos pola Inclusión Social

Máis de 100 persoas camiñarán xuntas pola visibilización das persoas con discapacidade intelectual.

04/04/2019 | Santiago de Compostela

Un grupo de 10 moz@s, composto por persoas con discapacidade intelectual acompañados por un profesional da entidade Aspas organizan unha ruta do Camiño de Santiago onde invitan a participar aos compañeiros dos centros, voluntarios, familiares, profesionais, socios, amigos....

Co proxecto "Camiñando Xuntos pola Inclusión Social", preténdese fomentar e proporcionar experiencias innovadoras, motivadoras, participativas e vitais, de achegamento a contornos e contidos culturais organizadas polas persoas con discapacidade intelectual.

A importancia deste proxecto reside en seguir avanzando na inclusión da vida social das persoas con discapacidade intelectual, fomentando, ao mesmo tempo, actitudes participativas e activas na sociedade e contribuíndo á mellora da súa autonomía.

Esta iniciativa é levada a cabo grazas a colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Política Social, que otorgou unha axuda á Asociación Aspas para desenvolver o proxecto “CAMIÑANDO XUNTOS POLA INCLUSIÓN SOCIAL.

    

Arquivada en:
Infórmate > Noticias

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org