Cookies


Noticias 

Os Autoxestores de ASPAS ofrecen unha charla en Compañía de María

Os alumnos de educación secundaria do colexio Compañía de María de Santiago de Compostela recibiron unha charla do noso Grupo de Autoxestores.

25/02/2016 | Santiago de Compostela

O grupo de Autoxestores de ASPAS ofreceu este xoves unha charla no colexio Compañía de María de Santiago de Compostela.
 
Nesta actividade o noso grupo de autoxestores trasladou as súas experiencias, as súas inquedanzas, anhelos e proxectos de vida a unha mocidade  que está a iniciar ese camiño para que teñan en conta como se ve e sente desde a outra parte a discriminación, e se contribúa así a unha sociedade reflexiva e inclusiva.  
 
Tendo en conta que, na integración nas aulas, a etapa de secundaria é unha das máis difíciles para as persoas con discapacidade intelectual, é moi necesario que os mozos nesta idade poidan entender estas situacións.

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org