Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 15/05/2017 | Etapa 6-1

ASPAS completa unha nova etapa do Camiño de Santiago e chegará á Praza do Obradoiro o próximo sábado

A asociación realizou o percorrido entre O Empalme e Cámping San Marcos esta fin de semana. O día 20, tras rematar a ruta, os participantes serán recibidos polas autoridades municipais e celebrarán unha comida de confraternización. 

15/05/2017 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS completou este domingo a sexta etapa do Camiño de Santiago, que transcorreu entre O Empalme e o Cámping de San Marcos. O percorrido, de 18 quilómetros, comezou pouco antes das 10.00 horas e realizouse segundo o previsto para chegar ás 14.00 horas a Casa Porta de Santiago, o lugar elixido para a comida. Tras repoñer forzas, os camiñantes retomaron a ruta, que finalizaron a media tarde.

Con esta sexta etapa, a ASPAS só lle restan sete quilómetros para rematar a ruta, unha das actividades programadas para a conmemoración do 50 Aniversario da entidade. O peche terá lugar o próximo sábado 20 de maio, cando se producirá a chegada á Praza do Obradoiro. Alí os camiñantes serán recibidos polas autoridades municipais e terá lugar un acto simbólico. Posteriormente dirixiranse á Alameda para celebrar unha comida de confraternización.

Por último, o domingo 21 a Catedral de Santiago acollerá unha misa de ofrenda ao Apóstolo. O acto comezará ás 13.15 horas e todas as persoas interesadas en asistir deberán estar ás 12.30h na Praza de Praterías. 

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org