Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 26/12/2017 | Os Reis Magos na súa visita anticipada a ASPAS

ASPAS celebra unha festa de Nadal chea de agasallos, diversión e maxia

Os Reis Magos fixeron unha visita por adiantado á asociación para entregar agasallos a usuarios e traballadores. A comida de Nadal, o photocall do 50 Aniversario e o baile tamén foron protagonistas nunha xornada que rematou coa actuación do mago Juan Garabal.

26/12/2017 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS celebrou o pasado venres a súa festa de Nadal, que estivo chea de agasallos, diversión e maxia. Os actos comezaron ao mediodía coa visita anticipada dos Reis Magos, que entregaron agasallos a todos os usuarios do centro e aos traballadores que finalizaron este ano a súa vinculación coa entidade.

A música e o baile deron continuidade á celebración antes de gozar da tradicional comida de Nadal. Mentres tanto, usuarios, familias e persoal foron pasando polo photocall do 50 Aniversario para fotografiarse xuntos e despedir este ano tan especial para a asociación. O mago Juan Garabal foi o encargado de poñer o broche final á xornada cunha actuación na que sorprendeu a todos os asistentes cos seus trucos.

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org