Axenda de actividades
© Asociación ASPAS | 16/11/2017 | Cartel do acto
ASPAS celebra unha xornada de formación sobre xenética e envellecemento
ASPAS organiza unha xornada de formación sobre a xenética e o envellecemento nas persoas con discapacidade intelectual. O evento leva por título A xenética e o envellecemento. Dous enigmas da discapacidade intelectual e contará cos relatorios do catedrático de Medicina Legal e investigador Ángel Carracedo e o psicólogo e xerontólogo Gonzalo Berzosa.
01/12/2017 - 01/12/2017 | Santiago de Compostela
O evento, no que colaboran a Escola de Familias e Discapacidade da Fundación Mapfre e Abanca, celebrarase o venres 1 de decembro ás 16:00 horas no Centro Abanca Obra Social (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela). O programa previsto é o seguinte:
-16:00 horas. Inauguración da xornada.
-16:15 horas. O envellecemento nas persoas con discapacidade intelectual. Gonzalo Berzosa.
-17:30 horas. Descanso.
-18:00 horas. A xenética nas persoas con discapacidade intelectual. Ángel Carracedo.
A entrada é de balde ata completar aforo e é necesario inscribirse previamente no teléfono 981582050 ou na dirección de correo electrónico aspas@asociacionaspas.org.
Lugar de celebración:
Centro Abanca Obra Social (Praza de Cervantes, Santiago de Compsotela)
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > 50º Aniversario







