Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 23/10/2017 | Festa Magosto 1

ASPAS celebra a festa do Magosto no centro de San Marcos

Usuarios, traballadores e membros da Xunta Directiva conmemoraron esta data cunha comida na que non faltaron as tradicionais castañas asadas.

23/10/2017 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS celebrou este venres a festa do Magosto no centro de San Marcos. Usuarios, traballadores e membros da Xunta Directiva da entidade reuníronse para conmemorar esta data e darlle a benvida ao outono.

Os asistentes gozaron dun saboroso menú con luras, ensalada e churrasco, quedando para a sobremesa o alimento máis tradicional e representativo desta época, as castañas asadas. A festa continuou cunha animada sesión de música e baile para pechar unha tarde chea de diversión.

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org