Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 20/06/2017 | Furgoneta nova Fundación ONCE

ASPAS adquire un novo vehículo para o taller de xardinería grazas á colaboración da Fundación ONCE

Esta fundación concedeu á asociación unha axuda económica por un importe de 18.675 euros.

20/06/2017 | Santiago de Compostela

ASPAS adquiriu un novo vehículo para o taller de xardinería e horticultura do centro ocupacional grazas á colaboración da Fundación ONCE. Esta entidade concedeu á asociación unha axuda económica por un importe de 18.675 euros que fai posible o cofinanciamento desta nova furgoneta.

A Fundación ONCE para a cooperación e integración social das persoas con discapacidade é un dos maiores e máis veteranos colaboradores de ASPAS, avalando e apoiando os grandes proxectos da asoaciación. O obxectivo principal da Fundación ONCE consiste na realización de programas de integración laboral, formación e emprego para persoas con discapacidade, e accesibilidade global, promovendo a creación de contornas, produtos e servizos globalmente accesibles.

O taller de xardinería e horticultura de ASPAS conta na actualidade cunha participación de 17 persoas con discapacidade intelectual, dirixidas por tres profesionais. As actividades deste taller van dende o mantemento de xardíns propios e externos, pertencentes a empresas e particulares, e tamén ao cultivo de produtos de horta. A adquisición deste novo vehículo contribuirá a seguir desenvolvendo estas actividades.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Centros > Centro Ocupacional

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org