Noticias
ASPAS completa unha nova etapa do Camiño de Santiago e chegará á Praza do Obradoiro o próximo sábado
A asociación realizou o percorrido entre Dornelas e A Susana esta fin de semana.
20/05/2019 | Santiago de Compostela
A Asociación ASPAS completou este sábado a quinta etapa do Camiño de Santiago, que transcorreu entre Dornelas e A Susana. O percorrido, de 20 quilómetros, comezou pouco despois das 10.00 horas e realizouse segundo o previsto para chegar ás 13,00 horas ao Abergue de Outeiro, o lugar elixido para a comida. Tras repoñer forzas, os camiñantes retomaron a ruta, que finalizaron a media tarde.
Con esta quinta etapa, a ASPAS só lle restan 9 quilómetros para finalizar o Camiño, feito que acontecerá o vindeiro sábado 25 de maio, cando se producirá a chegada á Praza do Obradoiro, despois de facer unha pequena parada na Cidade da Cultura para proceder á plantación dunhas árbores conmemorativas como recordo do Camiño de Santiago 2019.
Por último, celebrarase unha comida de confraternización na Alameda.
Arquivada en:







