Noticias
Aspas instala placas solares para o autoconsumo
En concreto, instaláronse 160 paneis fotovoltaicos na leira de San Marcos
21/09/2022
A estrutura, xa completada, conta coa instalación de 160 paneis solares de silicio monocristalino de 450 Wp de potencia cada un, cunha eficiencia do 20,7% e tecnoloxía Mono PERC con célula partida, que abastecerán a todos os centros situados na leira de San Marcos, supoñéndolle un importante aforro a medio e longo prazo.
Con esta transición cara a unha enerxía limpa e renovable, a asociación Aspas achegará un gran aforro ao planeta, reducindo a emisión de CO2 á atmosfera.
Este proxecto de mellora enerxética está financiado a través da subvención destinada a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social.
Arquivada en:
Transparencia > Financiadores






