Misión, visión e valores
Somos unha asociación de familias que nace co FIN de traballar pola mellora da vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, conseguindo e facilitando os apoios necesarios para a defensa dos seus dereitos.
Unha organización sen fin de lucro que promove servizos con criterios de calidade, axustados ás necesidades das persoas e que incrementen o seu grao persoal de benestar, autonomía e integración social.
Misión:
A nosa Misión é conseguir e facilitar os apoios necesarios para a defensa e mellora dos dereitos e da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, e das súas familias, considerando a todas elas como xeradoras de dereitos e deberes.
Principios e Valores:
Consideramos que as persoas con discapacidade intelectual:
-
Son persoas que teñen dereitos.
-
Son iguais e merecen respecto á individualidade e á diferenza.
-
Teñen capacidades.
Sempre orientados polos principios de:
-
integración social e de normalización,
-
calidade na actuación da organización,
-
interese pola globalidade do colectivo de persoas con discapacidade intelectual,
-
promoción integral das mesmas.
Os nosos valores son:
-
o traballo e a dedicación na defensa e mellora dos dereitos e calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias,
-
a democracia interna e a confianza,
-
a transparencia e a honradez tanto na actuación como na xestión,
-
e a solidariedade e o respecto entre todos.
Visión:
Buscamos responder ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual, calquera que sexa o seu grao de afectación, idade ou sexo, e ás das súas familias.
Para as persoas con discapacidade intelectual:
-
A súa promoción integral como persoa e unha formación permanente;
-
A asistencia plena en todas as etapas do seu desenvolvemento para unha completa normalización.
-
Cubrir as necesidades que xurden durante as etapas da súa vida creando centros para a formación ocupacional e servizos de emprego, servizos de vivenda e pisos tutelados, de lecer e tempo libre, servizos asistenciais e residenciais e centros de día.
-
A integración no seu contorno familiar e social, así como no mundo laboral.
-
Actuar en defensa dos dereitos e protección das persoas con discapacidade intelectual en todo momento e lugar.
Para o seu entorno, as familias e os traballadores:
-
Información, orientación e apoio.
-
Creación de servizos de asesoramento dirixidos a responder as necesidades do colectivo
-
Celebración de cursos, conferencias, publicacións, e actividades que facilite a formación e información dos pais, titores, voluntarios e profesionais relacionados coa discapacidade intelectual.
Para a sociedade:
-
Fomentar a colaboración con outras asociacións de fins análogos para o logro dos mesmos.
-
Apelar á solidariedade social para contar coa colaboración e compresión da cidadanía e do voluntariado.
-
Mentalizar á sociedade para conseguir un cambio de actitudes positivo de cara a integración e a normalización social das persoas con discapacidade intelectual.
-
Reivindicar comportamentos e normas que promovan a dignidade e a debida atención ás persoas con discapacidade intelectual, así como denunciar todas aquelas accións que atenten contra ela ou os seus dereitos.
Asociacion ASPAS
http://www.asociacionaspas.org/
http://www.asociacionaspas.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=5