Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 25/11/2016 | O xerente de ASPAS cos estudantes

Estudantes voluntarios da Facultade de Económicas recadan fondos para ASPAS coa campaña 'Comparte a túa ilusión'

No vestíbulo do centro instalouse unha árbore de Nadal solidaria para colaborar na súa decoración coas bólas que venden os estudantes nun posto situado ao lado da árbore ou na cafetería.

25/11/2016 | Santiago de Compostela

Estudantes voluntarios da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC puxeron en marcha esta semana a campaña 'Comparte a túa ilusión' co obxectivo de recadar fondos para ASPAS.

No vestíbulo do centro instalouse unha árbore de Nadal solidaria. Quen o desexe pode colaborar na súa decoración mercando unha das bólas que venden os estudantes nun posto situado ao lado da árbore ou na cafetería da Facultade.

Con cada un dos adornos, entrégase unha tarxeta na que é posible deixar unha mensaxe que se colgará na árbore e unha pulseira co lema da iniciativa. Na mañá deste venres o reitor da USC Juan Viaño e a decana da Facultade de Económicas Mila Vázquez Rozas foron algunhas das persoas que participaron na campaña.

Dende ASPAS agradecemos o traballo e a implicación dos estudantes para realizar esta campaña, que foi deseñada integramente por eles.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org