Noticias
ASPAS participa nun adestramento adaptado a persoas con discapacidade co Club Atletismo Santiago
A actividade realizouse este venres nas pistas de San Lázaro con 30 persoas de diferentes asociacións e colectivos.
29/01/2016 | Santiago de Compostela
Usuarios da Asociación ASPAS participaron este venres nun adestramento adaptado a persoas con discapacidade co Club Atletismo Santiago. A actividade realizouse nas pistas de San Lázaro, onde os técnicos do club ensinaron algunhas claves deste deporte a 30 persoas de diferentes asociacións e colectivos.
A experiencia resultou todo un éxito, posto que tanto as persoas con discapacidade intelectual como os membros do Club Atletismo Santiago gozaron e aprenderon moito durante a xornada.
Esta actividade enmárcase dentro do programa deportivo de ASPAS, orientado ao coidado e mantemento físico das persoas con discapacidade e á aprendizaxe de deportes variados. Nel inclúense actividades diarias e semanais xunto a outras máis puntuais, coma esta, nas que se busca unha implicación e colaboración de administracións e organizacións deportivas da nosa contorna. ASPAS agradece ao Club Atletismo Santiago e a todas as asociacións a súa participación para facer posible esta fantástica xornada.
Arquivada en:






