Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 24/06/2016 | Representación O Colar Roubado 1

ASPAS completa a temporada de actividades de teatro coa representación de O Colar Roubado

Entre os meses de abril e xuño asistimos a un obradoiro de teatro na Facultade de Ciencias da Comunicación, que culminou cunha representación no Paraninfo da Facultade de Historia, tivemos a representación de A Seguinte Parada, da compañía Blanca Marsillach en ASPAS, e rematamos con esta obra feita polos nosos usuarios e coordinada por Akira Valero, que foi representada na festa de San Xoán.
 

24/06/2016 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS completou este xoves unha intensa temporada de actividades teatrais coa representación de O Colar Roubado na festa de San Xoán, unha obra escrita e interpretada polos nosos usuarios e coordinada por Akira Valero. Os integrantes do noso grupo de teatro fixeron disfrutar a todo o público con esta historia de policías e ladróns chea de aventuras. 
 
Con anterioridade, os días 5, 6 e 7 de abril, os membros deste grupo de teatro de ASPAS participaron nun obradoiro aberto a actores e actrices con e sen discapacidade, unha iniciativa dirixida por Ana Carreira e Manuel Polo desenvolvida na facultade de Ciencias da Comunicación da Univesidade de Santiago de Compostela e cuxo peche tivo lugar coa representación final de Teatro pola Integración no Paraninfo da Universidade na Facultade de Historia o 28 de abril no Festival son[UT]opías 2015/16, organizado por campUSCulturae.
 
No mes de maio tamén vivimos un día moi especial, xa que tivemos sobre as táboas do noso escenario a obra A seguinte parada de Varela Producciones, a compañía de Blanca Marsillach. A peza, interpretada polos actores Irene Ferradas e Luis Mottola, conta a historia dunha muller que lle fala ao espectador da súa vida e que contempla con escepticismo a sociedade da súa época. A segunda parte consistiu nuns obradoiros co público asistente recreando partes da representación a través de xogos e técnicas teatrais adaptadas.
 

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org