Cookies


Noticias 

A residencia Juan Vidán Torres cumpre 33 anos

O 19 de novembro de 1985 inaugúrase a residencia "Juan Vidán Torres", unha residencia para persoas con necesidades de apoio extensos e xeneralizados.

 

19/11/2018

Un día como hoxe, fai 33 anos, familias, usuarios e traballadores da Asociación Aspas estiveron acompañados no evento de inauguración do centro polo presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor, o alcalde de Santiago de Compostela, Xerardo Estévez, representantes de Caixa Galicia e o director do IMSERSO, ademais de numerosos amigos e colaboradores.

O centro comeza os seus servizos con 6 usuarios, que aos poucos irá incremetando o número de persoas atendidas ata completar as 35 prazas que mantén na actualidade.

Tras 33 anos de traballo pódese resumir que esta residencia converteuse no fogar e familia de todas as persoas que a habitan, como di unha das súas coidadoras máis veteranas: "Para nós é unha casa moi grande, con moita xente, pero unha CASA".

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Centros > Centro Residencial

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org