Noticias
ASPAS recibe a concesión do proxecto “Enchufando Vidas” para promover a inclusión e a mobilidade sustentable
01/12/2025
Estamos moi felices de anunciar que ASPAS foi beneficiaria da axuda do IRPF 2024, que nos permite poñer en marcha o proxecto “Enchufando Vidas”, unha iniciativa destinada a mellorar a participación das persoas con discapacidade intelectual en actividades de lecer ao aire libre.
Grazas a esta subvención, puidemos incorporar unha furgoneta eléctrica que facilita o traslado seguro das persoas usuarias e das bicicletas adaptadas e non adaptadas empregadas nas actividades recreativas. Este vehículo supón un paso fundamental para reducir barreiras de mobilidade, promover hábitos de vida saudable e avanzar cara a un modelo de participación máis accesible, inclusivo e sostible.
Desde a entidade queremos agradecer profundamente o apoio recibido a través da financiación do IRPF, que fai posible seguir construíndo oportunidades e enchufando vidas.
Arquivada en:






