Cookies


Noticias 

ASPAS mellora as instalacións do seu Centro de Día grazas á colaboración da Fundación ONCE

A Asociación ASPAS levou a cabo diversas actuacións de mellora e adecuación de espazos no seu Centro de Día, grazas á colaboración da Fundación ONCE, que concedeu unha axuda económica de 21.902,17 euros para contribuír ao financiamento do proxecto.

10/11/2026

As actuacións realizadas consistiron principalmente na renovación de pavimentos e revestimentos, co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade, hixiene, mantemento e confort das instalacións. Estas melloras benefician directamente ás 30 persoas con discapacidade intelectual que acoden ao Centro de Día, proporcionando espazos máis axeitados para o desenvolvemento das súas actividades cotiás. Un dos aspectos máis valorados polas persoas usuarias e polo equipo de profesionais é a mellora das condicións de limpeza e mantemento das salas. Os novos revestimentos evitan que as paredes se manchen coa mesma facilidade que antes, favorecendo que os espazos se manteñan en mellores condicións. Así mesmo, as salas resultan agora máis confortables e agradables, contribuíndo ao benestar das persoas que acoden diariamente ao centro. Desde ASPAS queremos agradecer á Fundación ONCE o seu apoio e compromiso coas persoas con discapacidade intelectual, facendo posible a mellora dunhas instalacións que desempeñan un papel fundamental na súa atención e calidade de vida. Esta colaboración permítenos seguir avanzando no noso compromiso de ofrecer servizos de calidade, en contornos seguros, accesibles e adaptados ás necesidades de cada persoa. Grazas, Fundación ONCE, por axudarnos a seguir mellorando!

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org