Infórmate > Noticias 

Noticias 

2º ETAPA DO CAMIÑO: CEA-CASTRO DOZÓN
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

17/04/2019

O sábado 13 de abril complétase a 2ª etapa do camiño Vía da Prata.
                               

Máis de 65 persoas participan nesta etapa percorrendo os 21 quilómetros de distancia entre Cea e Castro Dozón.

A xornada comezou ás 8,30 h da mañá coa saída ao noso destino, Cea, alí aproveitamos para tomar un café e coller forzas para comezar a camiñada, e máis dun almorza co famoso pan de Cea.

Iniciada a etapa penetrámonos aos carreiros que nos conducen ata Oseira, onde realizamos a parada da comida, tendo o pracer de comer gozando das vistas á montaña e ao impresionante Mosteiro de Oseira, finalizada a comida poñémonos en marcha de novo subindo a montaña e dirigiendonos a Castro Dozón introducíndonos por carreiros que cada vez se estreitaban máis, cheos de pedras soltas, pero con afán conseguimos superar os obstáculos e chegar ao noso obxectivo de hoxe, Castro Dozón.

Etapa que se caracteriza pola súa dureza, en canto aos seus camiños estreitos cheos de pedras, auga e lodo que atravesamos con esmero e orgullo para completar a etapa.

Arquivada en:

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info


Rúa Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org