Cookies


Noticias 

1ª ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO 2019: OURENSE-CEA

A Asociación Aspas realiza o camiño da Vía da Prata de Ourense a Santiago de Compostela en seis etapas.

 

 

08/04/2019 | Santiago de Compostela

A Asociación Aspas organiza o Camiño de Santiago pola Vía da Prata desde a cidade de Ourense.

Este ano o Camiño repártese en 6 etapas os fin de semana durante os meses de abril e maio.

O pasado domingo 7 de abril percórrese a 1ª Etapa do Camiño: Ourense- Cea, un percorrido de 22 km. saíndo da Praza Maior da cidade de Ourense e terminando na praza do pobo de Cea, unha etapa chea de paisaxes verdes, camiños estreitos, dificultosos debido ao barro ocasionado polas fortes choivas dos últimos días, pero cheos de encantado da natureza galega.

A esta etapa asistiron 58 persoas da Asociación, persoas con discapacidade intelectual, familias, profesionais e amigos.

A seguinte etapa será o vindeiro sábado 13 de abril.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org