Que facemos >  

Que facemos

Vivendas Comunitarias

  • Un fogar onde convivir e desenvolver a súa autonomía doméstica e social.
  • Dende - Ata: - Actualmente

Orientadas a persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoios limitados, usuarios do Centro Ocupacional e outros servizos de emprego, componse de tres vivendas enmarcadas no conxunto Residencial–Ocupacional que a Asociación ASPAS ten en San Marcos (Rúa Sta.Teresa de Jornet nº 19, Santiago de Compostela).

Todas elas dispoñen, ademais das habitacións, dunha cociña, un salón e baños adaptados totalmente equipados.

Para acadar o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade intelectual é preciso que estas sexan capaces de tomar decisión e poder ser, na medida do posible, autores da súa propia vida.

Por iso a visión das vivendas é que as persoas con discapacidade intelectual convivan de forma autónoma nas casas, proporcionándolles un ambiente de fogar e tratando de que lles sirva como plataforma de aprendizaxe de autonomía en actividades domésticas concretamente, e sociais en xeral, tendo en conta o máximo respecto a súa dignidade persoal.

VALORES:  

  • Crecemento e desenvolvemento.
  • Aprendizaxe continuo.
  • Calidade.
  • Respecto.
  • Autodeterminación.
  • Confidencialidade.

O servizo de vivendas funciona en horario complementario ao centro ocupacional, e dicir, de 18 a 10 h. de luns a venres, e festivos que no sexan luns o venres de forma ininterrompida.

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 8

Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org