Que facemos >  

Que facemos

Centro de Día (U.A.P.)

  • Atención diurna individualizada para ás persoas con maiores necesidades de apoios.
  • Dende - Ata: - Actualmente

Está situado en Santa Teresa de Jornet, 19-San Marcos e presta servizos de atención diurna en réxime de media pensión a persoas con discapacidad intelectual con necesidades de apoio extenso e/ou xeneralizado.

Aínda que administrativamente se considera Centro de Día, internamente denomínase UNIDADE DE ATENCIÓN PERSONALIZADA.

 

¿QUÉ É A UNIDADE DE ATENCIÓN PERSONALIZADA (U.A.P.)?

É unha unidade que pretende dar unha atención máis individualizada a persoas con niveis intelectuais baixos e con necesidades de apoios extensos en distintas áreas como comunicación, coidado de si mesmo, destrezas sociais, habilidades laborais, etc., que acoden a este centro ocupacional.

 

¿QUÉ NOS GUSTARÍA CONSEGUIR?

Poder dar ás persoas usuarias desta unidade unha atención personalizada co fin de conseguir unha mellor calidade de vida, o máis normalizada posible, dentro do ámbito habitual.

Intentaremos:

  • Aumentar a autoestima e autonomía das persoas
  • Conseguir un desenvolvemento persoal e social que permita unha mellor inclusión no seu medio comunitario.
  • Realizar aprendizaxes de carácter intelectual e de destrezas manuais que faciliten o acceso a outros servizos

 

E PARA ISO IMOS TRABALLAR....

  • Habilidades sociais (comunicación, normas básicas de convivencia, traballo cooperativo, etc.)
  • Psicomotricidade fina e grosa
  • Coidado persoal (hábitos de aseo, vestido, alimentación, relaxación...)
  • Comprensión, organización de coñecementos, memoria, atención...
  • Habilidades e destrezas básicas relacionadas con tarefas produtivas (actividades concretas que se desenvolven nos talleres do centro).
  • Relaxación e control da ansiedade, estres...
  • Habilidades da vida cotiá no fogar (cociña, poñer a mesa...).

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 4

Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org