Cookies


Centro Ocupacional

Centro Ocupacional
Formación para o desenvolvemento persoal e profesional das persoas máis autónomas.

Desde - Hasta: - Actualmente

O centro está situado en Rúa Santa Teresa de Jornet, 19 San Marcos (Santiago de Compostela).

O seu obxectivo é proporcionar a formación necesaria para un maior desenvolvemento persoal e profesional das persoas con discapacidade intelectual que asisten a el, traballando habilidades, capacidades e ferramentas que faciliten a súa inserción social e laboral.

Na actualidade está composto por 6 talleres ocupacionais e en todos eles trabállanse valores fundamentais como a responsabilidade, o respecto, o traballo en equipo e o compañeirismo como alicerces básicos no desenvolvemento da persoa a través da súa contorna laboral.

Funciona de Luns a Venres en réxime de media pensión e asisten ao mesmo persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoios intermitentes, maiores de 18 anos.

Nel realízanse distintas actividades de formación laboral:

Taller de Cerámica:

Para aquelas persoas creativas e que lles gusta ensuciar as mans.

Elaboración de produtos cerámicos e de barro, totalmente artesanais, únicos e personalizados.

Exemplos de traballos: Elementos decorativos, agasallos personalizados, trofeos para eventos, etc.

Clientes: A maioría dos clientes son particulares que buscan pezas personalizadas para os seus eventos pero tamén se elaboraron trofeos e pezas para organizacions coma  Special Olympics Galicia ou a Asociación ACADE.

 

Taller de Cestería:

Para os que lles gusta a astesanía da terra.

Fabricación de artículos de cestería adaptados ás preferencias dos clientes e con acabados profesionais.

Exemplo de traballos: Cestos para comuñóns e vodas, cadrados, ovalados,… de todos os xeitos e cores.

Clientes: Neste caso a maioría dos clientes tamén son particulares que buscan pezas personalizadas para os seus eventos pero tamén se abastece a hostales, restaurantes e a establecimientos de artesanía coma a RABEADA, situada na zona vella da cidade.

 


Taller de Manipulados (servicios auxiliares a empresas, principalmente de artes gráficas).

Para os máis organizados.

Os seus traballos en manipulado poñen de relevo a súa gran eficiencia tanto no tratamento do material como no cumprimento de prazos e requisitos dos nosos clientes.

Exemplo de traballos: Montaxe de cartafois, Retractilado, Paletización, Encartado de documentos, Corrección de erratas de encuadernación, Ensobrado, Etiquetaje, Clasificación de envíos por correo, Etc.

Clientes: O noso taller de manipulado traballou moitos anos para a Consellería de Sanidade montando os maletíns que son entregados ás mulleres que acaban de dar a luz, dada a súa experiencia, na actualidade segue traballando coas empresas de gráficas máis relevantes da comarca coma TÓRCULO, AGENCIA GRAFICA GALLEGA, GRAFILASA, GRAFISANT, ARLIT, PARSAN GRAFICA, INDUSAL, EDITORIAL FOTOGRÁFICA, ZEIKA, Etc.

 

 

Taller de Horticultura e Xardinería (Mantemento e Creación de Xardíns).

Para os que lles gusta traballar ao aire libre.

Realización de tarefas de acondicionamiento e conservación de parques e xardíns, cultivo e venda de hortalizas e plantas ornamentales.

Exemplo de traballos e clientes: Actuamente a maior parte do traballo deste taller realízase en mantementos e acondicionamentos de xardíns privados aínda que ten unha larga traxectoria e experiencia con grandes espazos, xa que levou a cabo non só a construcción e deseño de algúns dos parque do Concello de Oroso, senón tamén o mantemento dun dos parques  municipais do Concello de Santiago de Compostela, o parque de Brandía, ata o cese do servizo ó Centro Especial de Emprego.

 

       

 

Taller de Limpeza:

Para os que lles gusta ter todo limpo e ordenado.

Encárgase da formación para a realización da limpieza e aseo de centros e locais.

Exemplo de traballos e clientes: Actualmente este equipo dedícase ao mantemento das instalacións do centro ocupacional e centro de día da Asociación.

 

Taller de Cociña e Comedor:

Para os máis "chefs" e hosteleros.

Procura a preparación das personas con discapacidad intelectual en labores de axudante de cociña easistencia en comedor. Así como na elaboración de comidads diarias e productos artesanais coma doces de frutas para a súa venda.

Exemplo de traballos e clientes: Actualmente, ademáis de proporcionar o servizo de comedor ó centro ocupacional e o centro de día, elaboran un saboroso DOCE de MAZÁ totalmente natural que se vende a establecementos de venta da comarca e a colexios e residencias, con todas as garantías sanitarias.

 

 

Estos talleres variaron as súas ocupacións en función tanto das necesidades e demandas dos seus usuarios como das expectativas do mercado laboral da zona.
Esta adecuación proporciona unha maior formación aos nosos usuarios e pon de relevo a gran capacidade de adaptación e aprendizaxe dos oficios dos mesmos.
Os talleres de MANIPULADO E XARDINERÍA son grandes exemplos xa que, ademais de proporcionar servizos de gran calidade a empresas e institucións, tamén son os que maiores inserciones laborais xeran.

Se está interesado nalgún dos nosos produtos e/ou servizos non dubide en poñerse en CONTACTO.

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org