Que facemos >  

Que facemos

Apoio para o Emprego

  • A inserción laboral é posible.
  • Dende - Ata: 01/01/2001 - Actualmente

Dende a inauguración do primeiro Taller Ocupacional, a Asociación ASPAS inicia un camiño que aposta pola inserción no mercado laboral das persoas con discapacidade intelectual como unha peza esencial na súa integración social e realización persoal. Neste sentido séguense diversas vías:

Inserción en empresa ordinaria:

Mediante a a metodoloxía do Emprego Con Apoio (ECA) proporcionada polo Servizo de Emprego e Formación da Federación de Asociacións en Favor dás Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, FADEMGA, a Asociación ASPAS comeza a inserir laboralmente en empresas ordinarias ás persoas con discapacida intelectual formadas nos seus talleres ocupacionais.

Centro Especial de Emprego:

Ademais, dende  a Asociación tamén se buscaron alternativas propias para a promoción do emprego como a creación do centro especial de emprego ASPAS EMPREGO S.L.

 

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos

Imaxes
  • 1 de 2

 
Boletín
 

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

 

Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org