Que facemos >  

Que facemos

Aspas Emprego, s.l.

  • Centro Especial de Emprego para a integración e normalización laboral das persoas con discapacidade intelectual.
  • Dende - Ata: 10/12/2005 - Actualmente

O Centro Especial de Emprego  xorde como unha aposta activa da Asociación ASPAS de cara á integración e normalización no ámbito laboral das persoas con discapacidade intelectual.

Nesta liña establécense obxectivos para unha nova estrutura que busca:

. Afondar na idea da integración social e normalización da persoa con discapacidade intelectual mediante unha relación laboral estable e semellante ao resto das persoas da sociedade.

. Crear unha estrutura independente e autónoma onde as persoas con discapacidade intelectual sexan protagonistas da súa evolución e poidan percibir de mellor forma os valores do traballo (responsabilidade, esforzo...).

. Proporcionar un estímulo ao persoal dos talleres para que vexan o Centro Especial de Emprego como un obxectivo no seu proceso de integración laboral.

ASPAS EMPREGO, S.L. nace como unha empresa sen ánimo de lucro (tal como establecen os seus estatutos) que persegue desenvolver unha formación adaptada e adecuada ás persoas con discapacidade intelectual que proporcione ferramentas e un entorno integrador e integrado na realidade do mercado laboral co obxectivo de dotar dunha preparación profesionalizada ós seus traballadores.

Actualmente 4 actividades compoñen a oferta principal da empresa:

ACTIVIDADES DE XARDINERÍA:

Plantación de céspede.
Mantemento de céspede e zonas verdes.
Poda de árbores ornamentais.
Plantación de árbores, plantas...
Rozamento, escarificado, aboado.
Retirada de lixo das zonas verdes.
Angazado e retirada de follas.
Deseño e construción de xardíns.
Poda de árbores e arbustos.

ACTIVIDADES DE CULTIVO BAJO ABRIGO:

Cultivo e venda de legumbres y hortalizas de temporada en invernadeiros:
Tomates, Lechugas, Judías, Coliflor, Acelgas, etc.
Cultivos e venda de plantas ornamentales e césped.

ACTIVIDADES DE MANTEMENTO:

Limpeza, reparacións e mantemento de vías públicas, urbanizacións, edificios, oficinas e outras instalacións.
Servizos auxiliares a empresas.

 

MEDIOS:

Para a realización dos servizos ofertados, os nosos traballadores dispoñen dos medios técnicos máis adecuados tanto para a súa seguridade como para a aprendizaxe do seu uso.

 

PRINCIPAIS CLIENTES:

No ámbito da xardinería, seguimos prestandos servizos a un gran número de pequenos clientes da comarca de Santiago.

Estes labores compaxínase coa prestación de servizos a grandes organismos públicos como:

  • o Concello de Santiago de Compostela, co Mantemento  do Parque Municipal de Brandía,
  • e a Consellería do Medio Rural, para a que realizamos labores de mantemento e coidado do Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia.

 

 

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 8

Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org