Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 02/10/2017 | Equipo ciclista de ASPAS

Os usuarios de ASPAS inician a nova temporada de deportes

Atletismo, natación, golf, fútbol sala, baloncesto, actividade adaptada en seco, ximnasia e ciclismo volven conformar o programa deportivo de ASPAS, co que se procura o coidado e mantemento físico das persoas con discapacidade intelectual e a aprendizaxe.

02/10/2017 | Santiago de Compostela

Os usuarios de ASPAS inician neste mes de outubro unha nova temporada de deportes. Atletismo, natación, golf, fútbol sala, baloncesto, actividade adaptada en seco, ximnasia e ciclismo volven conformar o programa deportivo de ASPAS, co que se procura o coidado e mantemento físico das persoas con discapacidade intelectual e a aprendizaxe.

Desta maneira, acompañados en todo momento polos profesionais da asociación, o luns 2 de outubro comezan as sesións de atletismo, que se desenvolverán de 12.45 a 13.45 no estadio de San Lázaro. A práctidca do golf adaptado será posible un ano máis grazas á colaboración do Real Aero Club e practicarase nas súas instalacións os mércores de 12.00 a 13.30. Mentres, o fútbol sala e o baloncesto volverán compartir horario con adestramentos todos os xoves de 17.30 a 19.00 no pavillón de Santa Isabel. Os venres, no pavillón do Restollal de 11.00 a 12.00 será o momento para a actividade adaptada en seco.

Ademais, os usuarios de ASPAS terán as habituais sesións de ximnasia nas instalacións de San Marcos ao longo de toda a semana en diferentes horarios, mentres que a natación comezará durante este mes no Multiusos Fontes do Sar. Por outra banda, as saídas de ciclismo manterase de luns a mércores a partir das 18.30 sempre que as condicións meteorolóxicas e de visibilidade o permitan. O equipo ciclista de ASPAS compartirá ruta con outras entidades entre o 6 e o 8 de outubro con motivo da celebración das Marchas Unificadas de Special Olympics Galicia.

O deporte seguirá tendo esta temporada un gran protagonismo como medio de integración social. ASPAS agradece ao voluntariado, ao Concello de Santiago, ás entidades privadas e ás organizacións deportivas a súa colaboración para desenvolver este programa.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org