Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 19/12/2016 | Trofeos 2016 4

Os deportistas de ASPAS recollen os trofeos das ligas de baloncesto e fútbol sala na gala de Special Olympics Galicia

O evento celebrouse este sábado no colexio de La Salle de Santiago e reuniu a máis de 200 deportistas con discapacidade intelectual de toda Galicia.

19/12/2016 | Santiago de Compostela

Os deportistas de ASPAS recolleron este sábado os trofeos das ligas de baloncesto e fútbol sala na gala que organiza Special Olympics Galicia cada ano ao remate destas competicións. No evento, celebrado no colexio de La Salle de Santiago, reuníronse máis de 200 deportistas con discapacidade intelectual xunto a adestradores, profesionais, voluntarios e representantes institucionais para poñer o peche a estas competicións que se celebran cada ano.

En fútbol sala ASPAS recolleu o trofeo como segundo clasificado da súa categoría, mentres que en baloncesto correspondeulle o cuarto posto tras gañar todos os encontros, pero varios deles por maior diferenza da permitida no regulamento. A xornada foi amenizada con diferentes actividades de ocio e actuacións musicais e de baile. O evento pechouse cunha comida e unha festa das que puideron gozar todos os asistentes.

Coa organización destas actividades, Special Olympics Galicia pretende animar a todas as persoas con discapacidade intelectual a practicar deporte, deixando de lado as diferentes limitacións e priorizando e fomentando as cualidades de cada atleta. 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org