Que consegues?

A túa cota de protector permítenos obter maior  independencia dos organismos e condicionantes públicos á hora de mellorar os nosos servizos.

Así, podemos desenvolver e financiar proxectos máis axustados ás necesidades e realidades das familias e persoas con discapacidade intectual ás que atendemos e que, en moitas ocasións, quedan á marxe dos obxectivos xerais.

Por exemplo:

  • programas de respiro estables que nos permitan potenciar máis aínda o recurso dos pisos tutelados,
  • servizos de emerxencia familiar nos que podamos axudar á familia e ao seu familiar con discapacidade en momentos complicados para eles,
  • programas de lecer máis completos que poidan incluír actividades altamente demandadas pero non economicamente accesibles a todos,
  • programas específicos de formación para o emprego, etc.
     
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
 
Boletín
 

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

 

Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org