Cookies


Base social

A Asociación ASPAS foi fundada polos pais, familiares, titores e representantes legais, que tiñan ao seu cargo a custodia e responsabilidade, a tutela ou a representación legal de persoas con discapacidade intelectual: os SOCIOS FUNDADORES.

Actualmente está composta por socios de número, protectores, voluntarios, colaboradores, traballadores e sobre todo, polas persoas con discapacidade intelectual usuarias dos seus servizos.

Quen son os nosos SOCIOS de número?

Todos aqueles pais, familiares, titores, representantes legais, maiores de idade e con capacidade de obrar que, de feito ou de dereito, teñan a tutela, representación legal ou custodia e responsabilidade de persoas con discapacidade intelectual e que sexan admitidos na asociación como tales.

A condición para ser SOCIO numerario e ser pai, titor ou representantes legais dunha persoas con discapacidade intelectual.

Actualmente somos 160 socios numerarios  para os cales, as inquietudes no futuro, o asesoramento, o apoio doutras persoas nas mesmas situacións e de profesionais cualificados, e a procura dunha maior calidade de vida para os seus familiares e tutelados,  son o fío de conexión entre eles.

Para pedir máis información ou a tramitación do alta de socio pode solicitar una cita por correo electrónico ou chamado por teléfono. CONTACTA

Quen son os nosos COOPERADORES?

Todas aquelas persoas ou entidades que cooperen coa entidade, de xeito regular ou esporádico:

  • PROTECTORES :

Persoas ou entidades que colaboran de xeito desinteresado, voluntario e altruísta coa labor da asociación mediante achegas de tipo económico ou en especie:

· Protectores: cooperacións de carácter regular. Máis información.
· Donantes: cooperacións de carácter esporádico. Máis información.
  • COLABORADORES:

Persoas ou entidades que participan de xeito desinteresado, voluntario e altruísta en actividades que a asociación desenvolve, actividades de formación, de educación, lúdicas, ocio e tempo libre, deportes, excursións, viaxes, entre outras.

Neste apartado cabe destacar a labor dos nosos Voluntarios: Persoas maiores de 18 anos (ou menores con autorización correspondente) que participan co seu tempo e de xeito desinteresado, voluntario e altruísta en actividades que a asociación desenvolve tales como ocio e tempo libre, actividades deportivas, actividades lúdicas, excursións, viaxes, actividades de educación, talleres de formación (teatro, fotografía, cociña,..) entre outras.

Se queres saber máis sobre o voluntariado podes informarte sobre o servizo de lecer e deportes ou preguntarche ¿por que ser voluntario?.

Na actualidade cooperan connosco 73 entidades e/ou persoas, das cales aproximadamente 50 son voluntarios.

      Imprimir
Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org