Cookies


Centro Residencial

Centro Residencial
Atención integral a persoas con grandes necesidades de apoio en residencia con centro de día.

Desde - Hasta: 10/01/1985 - Actualmente

En 1985, ponse en funcionamento o Centro Residencial “Juan Vidan Torres” para persoas con necesidades de apoio extenso e xeneralizado.

Situado en Rúa A Xunlla, Laraño (Santiago de Compostela), funciona en réxime de Internado permanente aberto os 365 días do ano e atende a usuarios con grandes discapacidades, maiores de 16 anos.

Inscrito no Rexistro de Centros de Servicios e Establecementos Sanitarios (REGCESS) co código: C-15-003131.

Neste Centro as actividades que se realizan van encamiñadas á adquisición de hábitos..

As áreas de habilidades adaptativas nas que se centra o traballo diario son as seguintes: coidado persoal, habilidades sociais e lecer.

O coidado persoal fai referencia ás capacidades e habilidades relacionadas co aseo, o vestido, a comida, a hixiene e a aparencia persoal.

Procúrase que todas as persoas atendidas desenvolvan ao máximo as súas capacidades, para conseguir un maior grao de autonomía persoal.
O traballo con elas realízase diariamente, corrixindo e moldeando todas e cada unha das súas actividades.

O coidado persoal adquire unha especial relevancia, non só porque favorece que as persoas gocen dun estado de saúde favorable, senón porque é imprescindible para lograr unha maior aceptación social e a diminución de actitudes e impresións negativas por parte doutras persoas.

Con respecto ás habilidades sociais, trátase de fomentar aquelas capacidades que lles permitan ás persoas interacionar cos seus compañeiros da residencia, o persoal que os atende, os seus familiares e coa comunidade en xeral, co fin de conseguir o grao máis alto posible de integración.

Nesta área xoga un papel importante a comunicación. As persoas que nós atendemos presentan problemas de comunicación máis ou menos intensos; con todo, son capaces de suplir a dificultade (ou imposibilidade) de dicción con xestos, sons e actitudes... Sen ningunha dúbida, fanse entender e as actividades de lecer e tempo libre son as actividades estrela da vida na residencia. Podemos dividilas en dous bloques: as que se realizan dentro do centro (magosto, Nadal, aniversario, etc.) e as que se fan fóra del (praia, visita a mercados, festas locais, paseo a Santiago, viaxes, etc.).

Sen dúbida, estas actividades son as máis gratificantes para todos, xa que rompen a monotonía da vida en residencia e, ademais, permítelles relacionarse con outras persoas e vivir outras situacións.

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org