Colabora > Ser voluntario/a > Por que ser voluntario/a?

Por que ser voluntario/a?

As túas inquietudes son as súas, os seus soños, os teus.... todos temos diferencias pero compartimos as mesmas sensacións, comparte connosco e creceremos todos xuntos.

Para colaborar con ASPAS só se necesitan ganas

  • Ganas de mellorar o mundo que che rodea
  • Ganas de compartir (tempo, coñecementos, afeccións, etc.)
  • Ganas de coñecer outras realidades.... non tan afastadas
  • Ganas de recibir máis do que podes dar
  • Ganas de ter unha experiencia persoal que che cambiará as ideas

¿Tes ganas?

Faite VOLUNTARIO

Grazas aos nosos colaboradores puidéronse desenvolver e desenvólvense actividades, talleres, cursos, etc. que a Asociación non podería asumir e que supoñen unha parte moi importante no desenvolvemento persoal, a integración e a plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual na nosa sociedade.

Actualmente o labor do voluntariado desenvólvese principalmente no ámbito do Lecer e o Deporte (actividades lúdicas, saídas, excursións, adestramentos, competicións, campamentos, viaxes, etc.), pero como nos encanta compartir e coñecer cousas novas, nos últimos anos os voluntarios organizaron cursos de fotografía, de capoeira, de baile e ximnasia artística, cociña e repostería, etc....estamos abertos a novos proxectos e ideas que compartir e gozar.... achéganos a túa! ou simplemente comparte as nosas... ESPERÁMOSTE!

 

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 15

Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org