As túas inquietudes son as súas, os seus soños, os teus.... todos temos diferencias pero compartimos as mesmas sensacións, comparte connosco e creceremos todos xuntos.
Para colaborar con ASPAS só se necesitan ganas,
¿Tes ganas?
Grazas aos nosos colaboradores puidéronse desenvolver e desenvólvense actividades, talleres, cursos, etc. que a Asociación non podería asumir e que supoñen unha parte moi importante no desenvolvemento persoal, a integración e a plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual na nosa sociedade.
Actualmente o labor do voluntariado desenvólvese principalmente no ámbito do Lecer e o Deporte (actividades lúdicas, saídas, excursións, adestramentos, competicións, campamentos, viaxes, etc.), pero como nos encanta compartir e coñecer cousas novas, nos últimos anos os voluntarios organizaron cursos de fotografía, de capoeira, de baile e ximnasia artística, cociña e repostería, etc....estamos abertos a novos proxectos e ideas que compartir e gozar.... achéganos a túa! ou simplemente comparte as nosas... ESPERÁMOSTE!