Dinamización e visualización
Actividades orientadas a dar a coñecer a aportación á sociedade das persoas con discapacidade intelectual, defendendo os seus dereitos e reclamando a súa plena integración.
Desde - Hasta: 04/11/2019 - 04/06/2019
Un dos fins da Asociación ASPAS é tratar de que as persoas con discapacidade intelectual estean moi presentes na súa contorna social.
Este traballo é esencial como elemento normalizador, xa que a maior parte das dificultades na integración social débense ao descoñecemento do colectivo e do traballo de formación e desenvolvento perosal que os usuarios realizan diariamente nos seus centros.
O proxecto de DINAMIZACIÓN ASOCIATIVA E VISUALIZACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL axudará as persoas con discapacidade intelectual de ASPAS a formarse e tomar conciencia da importancia da comunicación e a participación na súa contorna social de cara á súa integración e normalización, adquirindo ferramentas e habilidades específicas orientadas e coordinadas por expertos neste ámbito.
Mostrar as súas capacidade e o seu nivel de superación persoal é un exemplo para o resto da comunidade que pode e debe cambiar a óptica coa que se observa ao colectivo, para darse conta de que son unha peza activa da sociedade e que teñen moito que achegar.
O desenvolvemento do proxecto conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través do programa de incentivos á contratación das persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, unha operación cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixo prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.
Grazas á concesión desta subvención a entidade ten contratadas a tres novos desempregados rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo: "Proxecto de dinamización asociativa e visualización das persoas con discapacidade intelectual" co obxectivo de organizar e dinamizar as diferentes actividades participativas na sociedade, tanto de deporte como de lecer, así como ofrecer os apoios e coidados necesarios ás persoas con discapacidade intelectual para levar a cabo ditas actividades co resultado esperado de que, polo menos, o 75 % das persoas, usuarias dos centros participen en actividades de inclusión e experimenten melloras na súa autonomía.
Subvención que ascende a 34.935,18 € no ano 2019
ASPAS ten unha ampla experiencia en labores de sensibilización social e visualización das persoas con discapacidade intelectual dende os seus inicios.
Estas labores fóronse ampliando e adaptando ás evolucións dos medios de comunicación e da sociedade, así como ao desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual partícipes da mesma.
Inicialmente, participando en actos e eventos como membros da comunidade e posteriormente é a asociación quen realiza actos públicos abertos á participación da comunidade.
Coa maior formación e preparación das persoas con discapacidade intelectual, son elas mesmas as que, con apoio, realizan charlas de sensibilización, especialmente en visitas a centros educativos.
Estas actividades compleméntanse coa edición de boletíns, trípticos, e material informativo, ata chegar ás novas tecnoloxías nas que recentemente entramos coa páxina web, facebook e twitter, entre outras plataformas de comunicación.