Quen somos > Usuarios/as

Usuarios/as

En ASPAS, as persoas con discapacidade intelectual fannos mellores cada día por tanto considerámolas pezas fundamentais da sociedade, plenas de dereitos e capacidades.

Os usuarios dos nosos centros e servizos son persoas con discapacidade intelectual maiores de 18 anos, ou 16 no caso dos centros residencial e de día.

A eles prestámoslles os apoios que precisan para o seu desenvolvemento persoal, laboral e social, e o seu crecemento vital e a mellora na súa calidade de vida é o obxectivo que nos une.

Na actualidade estamos a prestar apoios a 131 persoas con discapacidade intelectual que traballan cada día por superarse e que nos devolven acrecentado o esforzo investido.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1

Rúa Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org