Cookies


Sensibilización social

Sensibilización social
Actividades e eventos orientados a amosar na nosa contorna social as capacidades, superación e éxitos conseguidos das persoas con discapacidade intelectual.

Desde - Hasta: 30/09/2016 - 29/04/2017

Un dos fins da Asociación ASPAS é tratar de que as persoas con discapacidade intelectual estén moi presente na súa contorna social.

Este traballo é esencial como elemento normalizador, xa que a maior parte das dificultades na integración social débense ao descoñecemento do colectivo e do traballo de formación e desenvolvento perosal que os usuarios realizan diariamente nos seus centros.
O proxecto axudará as persoas con discapacidade intelectual de ASPAS a formarse e tomar conciencia da importancia da comunicación e a participación na súa contorna social de cara á súa integración e normalización, adquirindo ferramentas e habilidades específicas orientadas e coordinadas por expertos neste ámbito.

Mostrar as súas capacidade e o seu nivel de superación persoal é un exemplo para o resto da comunidade que pode e debe cambiar a óptica coa que observa ao colectivo, para darse conta de que son unha peza activa da sociedade e que teñen moito que achegar.

O desenvolvemento do proxecto conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, unha operación cofinanciada pola Unión Europea PO de Emprego Xuvenil e Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.


ASPAS ten unha ampla experiencia en labores de sensibilización social e visualización das persoas con discapacidade intelectual dende os seus inicios.

Estas labores fóronse ampliando e adaptando ás evolucións dos medios de comunicación e da sociedade, así como ao desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual partícipes da mesma.

Inicialmente, participando en actos e eventos como membros da comunidade e posteriormente é a  asociación quen realiza actos públicos abertos á participación da comunidade. 

Coa maior formación e preparación das persoas con discapacidade intelectual, son elas mesmas as que, con apoio, realizan charlas de sensibilización, especialmente en visitas a centros educativos.

Estas actividades compleméntanse coa edición de boletíns, trípticos, e material informativo, ata chegar ás novas tecnoloxías nas que recentemente entramos coa páxina web, facebook e twitter, entre outras plataformas de comunicación.

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org