Respiro/Emerxencia Familiar
Atención a persoas con discapacidade intelectual en situación de emerxencia familiar.
Desde - Hasta: 01/01/2024 - 31/12/2024
Programa que cobre, en momentos puntuais, a atención aos membros con discapacidade intelectual das familias de ASPAS cando na contorna familiar xorden emerxencias ou situacións de estrés.
Este proxecto, desenvolvido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023, establece un programa de estancia temporal para dar apoio ás familias na atención á persoa con discapacidade intelectual nos momentos de cansazo, estrés ou emerxencia.
As xornadas de respiro están tuteladas por monitores que dan asistencia nas actividades da vida diaria, nas que tamén se promove a autonomía dos usuarios, e realízanse en dúas vivendas das que dispón ASPAS no centro de Santiago de Compostela.
Programa financiado por: