Colabora > Testemuños > Repositorio de experiencias

Repositorio de experiencias

María José Tarrío

04/02/2016

"Cando entrei en ASPAS"

"Vou contar cando entrei en ASPAS:
Hai 11 anos que estou en ASPAS, entrei no 2005 e entrei no taller de manipulado, e empecei a facer cartafoles de sanidade, que son as que se dan no hospital cando tes un bebé, e estiven un ano no taller.
Recordo que tiña moitos enfados porque quería ser a que máis fixese e non me gustaba que cando tiña unha chea grande sacásenmo do medio, así non se vía que era a mellor. Logo ensináronme que o importante non é competir senón traballar xuntos.
Despois decidín ir a mantemento e estiven a probar un ano o posto e conseguino, agora estou media xornada en mantemento e media en manipulado. Pero xurdiume un posto máis, que foi o de lavandería, só vou unhas horas os luns e os mércores pero aprendo moito.
Desde que estou en ASPAS aprendín moitas cousas que me valen para conseguir un traballo e aconséllovos que, se tedes oportunidade de visitarnos seredes ben atendidos. Aconséllovos que veñades, é unha cousa que vos vai a interesar.
María Tarrío.
"

Arquivado en:

Usuarios/as

Rúa Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org