Cookies


Noticias

A continuación presentámosche as 5 noticias máis recentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar noticias que cumpran uns criterios específicos.

30/05/2016 | Santiago de Compostela

Tres corredores de ASPAS acuden aos Xogos Autonómicos de Campo a Través

No evento, celebrado en Monforte de Lemos, a atleta de ASPAS Ramonita Seijo conseguiu a primeira praza en 1.500 metros, mentres que Jesús Cabo foi terceiro na mesma distancia e Alberto Gómez rematou sétimo en 400 metros.
 

14/05/2016 | Santiago de Compostela

Os usuarios de ASPAS asisten ao obradoiro de prevención de condutas delictivas Pensa por ti

O obxectivo da actividade é previr posibles condutas de risco en persoas con discapacidade intelectual.

02/05/2016 | Santiago de Compostela

Os atletas de ASPAS participan nas carreiras de 400 e 1500 metros dos Xogos Autonómicos de Atletismo en Vigo

A XVII edición destas probas, celebrada nas pistas de Balaídos, contou coa presenza de tres membros de ASPAS.

29/04/2016 | Santiago de Compostela

Os usuarios de ASPAS reciben formación en prevención de casos de abuso

A Unidade de Atención a Vítimas con Discapacidade Intelectual da Fundación Carmen Pardo-Valcarce ofreceu este obradoiro que ten como obxectivo dotar ás persoas con discapacidade intelectual de ferramentas para identificar situacións de abuso.
 

11/04/2016 | Santiago de Compostela

Seis deportistas de ASPAS participan nos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios en Santiago

No encontro, celebrado esta fin de semana no Multiusos Fontes do Sar, todos os membros de ASPAS disputaron a modalidade de tenis de mesa.

16/03/2016 | Santiago de Compostela

O conselleiro de Política Social visita a Asociación ASPAS

José Manuel Rey Varela mantivo unha xuntanza de traballo coa Xunta Directiva, na que se lle trasladaron diversas peticións. Ademais, o conselleiro anunciou a ampliación das prazas do Centro de Día de 18 a 30.

25/02/2016 | Santiago de Compostela

Os Autoxestores de ASPAS ofrecen unha charla en Compañía de María

Os alumnos de educación secundaria do colexio Compañía de María de Santiago de Compostela recibiron unha charla do noso Grupo de Autoxestores.

24/02/2016 | Santiago de Compostela

Alumnos de Compañía de María visitan o Centro Ocupacional e de Día de ASPAS en San Marcos

Os alumnos de Compañía de María devólvennos a visita e achéganse a coñecer as actividades desenvolvidas nos centros ocupacional e de día.

17/02/2016 | Santiago de Compostela

Visita de alumnos do CIFP Compostela

Durante os días 17 e 18 deste mes recibiremos a visita de alumnos dos ciclos de formación do CIFP Compostela.

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org