Cookies


Noticias 

© Asociación Aspas | 29/04/2019 |

A Asociación Aspas celebra a Asemblea Anual de Socios

O sábado 27 de abril celébrase a Asemblea Anual de Socios.

29/04/2019 | Santiago de Compostela

Como é habitual, un ano máis, celébrase a Asemblea Xeral o último sábado do mes de abril. Este ano ademais dos temas habituais na orde do día, engádese a elección de presidente.

Ao finalizar a reunión o noso Presidente Don Marcelo De La Cruz agradeceu aos asistentes e aos membros da Xunta Directiva saínte, aos compoñentes actuais e a todos os que estiveron a lle apoiar durante os 26 anos que estivo de directivo, 3 como vicepresidente e 23 como presidente.

Tamén pediu perdón ás persoas con discapacidade intelectual por non conseguir todo o que se merecen pero que puxo todo o seu empeño para facelo.

Despois destas entrañables palabras recibiu o recoñecemento público e privado dos socios presentes na asemblea, e un forte aplauso de todos os asistentes.

Moitas grazas presidente polo tempo e esforzo dedicado a todas as persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org