Infórmate > Noticias 

Noticias 

A ASOCIACIÓN ASPAS RECIBE O GALARDÓN DE GALEGOS DO ANO 2018
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

17/10/2018 | Santiago de Compostela

Para a entidade é un orgullo saber que a sociedade nos recoñece a través de distincións tan importantes como a do Grupo Correo Gallego"

 

O pasado 11 de outubro celébrase a XXIX Premios Gallegos del Año organizada polo Correo Gallego no Palacio de Congresos, á que asistiron máis de mil cincocentos invitados para homenaxear aos quince personalidades e institucións premiados deste ano, entre eles a asociación Aspas que declara "este galardón formará parte da nosa historia asociación".

A asociación Aspas recibe con orgullo e satisfacción o galardón Galegos do ano, como afirma o presidente Marcelo Da Cruz "para nós, é un orgullo saber que o traballo, pero tamén a ilusión, dese grupo de pais que no ano 1967 xuntáronse e comezaron un camiño en busca de oportunidades para que os seus fillos con discapacidade intelectual tivesen unha mellor calidade de vida, deu o seu froito permitíndonos alcanzar algunhas das metas que se propuxeron.Tamén é un orgullo saber que a sociedade nos recoñece a través de distincións tan importantes como a do Grupo Correo Gallego".
 
O presidente da Xunta De Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidiu unha vez máis o acto de entrega dos premios: “Os Galegos do Ano son proba viva de que a nosa historia recente é un éxito”.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info


Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org