Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 19/06/2018 | Cartel

Peter! Voamos! Regresa a rúa

O 29 de xuño o musical represéntase ás 22´30 h no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, con novas escenas cómicas.

26/06/2018 | Santiago de Compostela

Peter! Voamos! é un musical que nace dunha idea ilusionista de crear unha obra musical baseada na historia de Peter Pan e que está representada por persoas con discapacidade intelectual.

Un voluntario chamado Kiko, profesor prexubilado, aventurouse a dirixir a actividade e obra musical.

Púxose en marcha un pequeno guion e comezaron os primeiros ensaios, onde destacaba a ilusión e o empeño e esforzo das persoas con discapacidade intelectual por memorizar os guións, escenas... e pouco a pouco floreceron as súas habilidades e empezaron a brillar no escenario, pequenas estrelas cheas de enerxía e ilusión que cegaban a toda persoa que se paraba a ver os ensaios.

Da man do voluntario director, mozos estudantes empezáronse a unirse á obra, como músicos, bailarinas,  maquilladoras, trasgos de apoio...

Ambos colectivos, discapacidade intelectual e mozos estudantes, conviven nos ensaios, aprendendo uns de outros e axudándose mutuamente, os mozos apoian ás persoas con discapacidade intelectual á memorización dos guións, á posta en escena,… pero as persoas con discapacidade intelectual ensinan aos mozos a que con esforzo e ilusión todo pódese conseguir, ensínanlles os valores que non poderán atopar nos seus libros, bríndanlles o seu agarimo, a súa alegría e gratitude.

A obra aumentaba o seu guion para dar renda solta ao talento natural das persoas con discapacidade intelectual que cada día interpretaban os seus papeis con máis ímpeto.

Unha vez preparada a Obra, decídese ensinala ao público en xeral na Gala do 50 aniversario da Asociación, que se celebrou o 16 de decembro de 2017 no Auditorio de Galicia.

Tras nervios, abafos, choros pero tamén risas, os actores saíron ao escenario cargados de sabedoría e habilidades para representar a obra musical, que se pode catalogar como un éxito absoluto se contamos o tempo que durou o aplauso máis que merecido do público asistente (asistencia de 900 persoas).

Tras a estrea triunfal, as persoas con discapacidade intelectual piden continuar co programa de teatro inclusivo, queren que as persoas vexan as súas capacidades, queren ensinar á sociedade de que son capaces de crear, traballar, ilusionar e facer gozar aos demais coas súas habilidades e traballo.

A continuación facilitamos un calendario das sesións que se representarán no ano 2018:

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Programas > Teatro inclusivo

Logo Entidad

PROMUEVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Calle Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org